5 Mañanas
10/12/2018
Novo salmo inintelixible do Padre Eladio
play_arrow
Play
07/12/2018
Antonio Romero (Concelleiro Festas Porto do Son)
Hoxe temos festas en Portosín. O padre Eladio sembrao. Política revueltilla
play_arrow
Play
05/12/2018
A xente hoxe sí que participou a saco, e eu, que son un fókin feixista, critiquei as suas peticións musicais
Tanto pedir que a xente chame e mande wassaps, pida cancións ó 633 185678, e un día que participan a saco eu critico: piden Perro fiel de Shakira e digo que é purrela, piden Nirvana e digo que é borralla, piden bachata e digo que é cucho... son un feixista!!!
play_arrow
Play
04/12/2018
Gloria Mosquera (Mamá Cabra Teatro actúa en Portosín este día 9)
Hoxe falounos Gloria Mosquera, da compañía teatral Mamá Cabra. Este domingo traen á casa de cultura de Portosín un espectáculo para público familiar que vos recomendamos: "Paxaro amigo".
play_arrow
Play
03/12/2018
Francisco Javier Cao ( Outes C.F. / Campionato autonómico seleccións comarcais)
Falounos Javier Cao, presidente do Outes, do campionato galego de seleccións comarcais sub-12 masculinas e femininas. Organiza o Outes C.F. coa colaboración do Concello, será presentado mañán martes ás 11 e celebrarase o xoves 6 con entrada gratuíta.
play_arrow
Play
30/11/2018
Expulsións onte á noite (en Gh Vip e no pleno do Concello de Muros)
Hoxe falamos das expulsións de onte á noite: Eladio infórmanos da expulsión en Gran Hermano Vip ... ou mellor dito : Bip, e tamén iremos coa expulsión no pleno da corporación de Muros, recollendo os minutos finais do mesmo. Escoitaremos a Inés Monteagudo (PP), Caridad González (PSOE), Manu García (BNG) e María Xosé Alfonso e José Antonio Uhía (CxG)
play_arrow
Play
29/11/2018
Anxo Moledo (Festas Portosín)
Anxo Moledo informanos das Festas en Portosín esta fin de semana.
play_arrow
Play
28/11/2018
Néstor Romero (II Trail San Silvestre Minas San Finx, Lousame)
Aproveitando que visitaba os nosos estudios Néstor Romero para lle facermos entrevista para o programa de Deportes que emite Canal Barbanza TV puxémolo tamén a falarnos no programa de radio. O técnico de deportes do Concello de Lousame danos detalles do Trail San Silvestre que se celebrará en Lousame o 30 de decembro.
play_arrow
Play
27/11/2018
Ponenza do Dr. Lajartiño sobre o Viagra Supositorio.Eladio con atropellado santoral e salmo de Nadal
Hoxe adiantamos a ponenza de este serán no Auditorio Karaoke Paraninfo da Mina de Ouro de Tal: o dr. Lajartiño explicará como se chanta o innovador supositorio de Viagra. Acompañado dunha clase práctica na que os asistentes-as participan e dunha nova reveladora e inquedante: os gatillazos son contaxiosos.
play_arrow
Play
26/11/2018
Lidia Ferreras (Bióloga: Obradoiro de elaboración de lácteos, Mazaricos)
Hoxe falounos Lidia Ferreras, bióloga encargada de impartir o obradoiro sobre elaboración de lácteos que ha ter lugar en Mazaricos mañán martes e pasado mércores. É de balde, e pódevos cundir, non está de mais aprender cousas tan tradicionais e enriquecedoras como o óptimo aproveitamento dos nosos lácteos. Como nos conta Lidia na entrevista, o leite galego é de calidade suprema e temos que poñelo en valor. 
play_arrow
Play
23/11/2018
Samuel, Xanma ("The Rapants", banda rock muradana)
Hoxe tivemos a Samuel e Xanma, da banda The Rapants, están a empezar e fano como si levaran cen anos, moi bos. Novo producto da fértil Sala Nasmo. 
play_arrow
Play
22/11/2018
Padre Eladio (reflexión sobre a violencia machista)
Como o mércores non tivemos programa apiñócansenos os santorais do Padre Eladio e as súas reflexións, hoxe dámolle cancha.
play_arrow
Play
20/11/2018
Nito Estalote (BTT Mazaricos), Miguel Gauna (Ex-boxeador e chef de A Casa da Xoca)
Hoxe falamos con Nito Estalote, técnico de deportes no Concello de Mazaricos. Este domingo teñen a BTT que vai xa pola quinta edición e xa hai unha lotada de xente inscrita. Aproveitamos para falar de diversos eventos inmediatos en Mazaricos e do clube marelo que lidera a liga da Costa, clube do que Nito é un histórico.
play_arrow
Play
19/11/2018
Sergio Creo (I Kedada Moteira Invernal, Porto do Son)
Sergio Creo falounos hoxe da I Kedada Moteira invernal que ha ter lugar esta vindeira fin de semana en Porto do Son.
play_arrow
Play
16/11/2018
Araceli Beiro (Masterclass por Andreas), Víctor León (Festa San Martiño, Miñortos)
Hoxe visitou os nosos estudios Araceli Beiro, monitora de Educación Física que vai dar unha Masterclass de Zumba este sábado no pavillón Agustín Mourís de Noia. Unha divertidísima e variada tarde de actividades na que todos debemos participar e colaborar porque se fai polo pequeno Andreas, que sofre unha atrofia muscular espinal e que se merece todo porque é un supercampión.
play_arrow
Play
15/11/2018
Silvia Agrafojo (concelleira de educación, Lousame)
Visitou hoxe os nosos estudios Silvia Agrafojo, concelleira de Educación de Lousame. Entre outros temas, informounos dos diversos eventos nos que están a traballar con motivo do Día contra a Violencia de Xénero. Unha rapaza encantadora e que comunica moi ben aínda que ela dí que se pon nerviosa falando pola radio.
play_arrow
Play
14/11/2018
Cris Antelo (Grupo "A Tajea" de Outes)
Cris Antelo, do grupo outiense "A Tajea", fálanos de esta formación feminina tan gamberra como talentosa. Dotadas dun amplo espectro humorístico e dun bo manexo da voz e os instrumentos están a sorprender gratamente aló onde van. Porque aló onde van estas superocurrentes rapazas, hai festa, música e risa.
play_arrow
Play
12/11/2018
Xoque Carbajal (Malasombra Teatro, "Os Rockstain")
Xoque Carbajal, de Malasombra Teatro, falanos do musical que traen este domingo (18 h. ) á casa de Cultura de Porto do Son:  Os Rockstain. Para todos os públicos, muy recomendable.
play_arrow
Play
09/11/2018
Oscar Romero (Grupo Teatro Ribeira, "Cousas" de Castelao en Porto do son
Hoxe falounos Oscar Romero, actor e director no Grupo de Teatro de Ribeira, que esta fin de semana representa na Casa de Cultura de Porto do Son "Cousas" de Castelao, con entrada gratuíta.
play_arrow
Play
08/11/2018
Ovidio Queiruga (C. Montes Baroña), Eduardo Iglesias (Arousa Ocio-Btt Portosín)
Hoxe falamos con Ovidio Queiruga, presidente da Comunidade de Montes de Baroña que esta fin de semana organizan unha xornada explicativa para optimizar recursos forestais, reducir custos e aproveitar as novas tecnoloxías no sector.
play_arrow
Play
07/11/2018
Manoli Filgueira (Senda XXI, Ruta Rego de Vida)
Manoli Filgueira, de Senda XXI, visitou os nosos estudios para falarnos da Ruta Rego da Vida que organizan esta fin de semana en Noia e que busca informar e concienciar sobre a necesidade de doazón de médula ósea.
play_arrow
Play
06/11/2018
Antonio Romero (Xornadas Micolóxicas Porto do Son)
O Concelleiro sonense Antonio Romero falanos das oitavas Xornadas Micolóxicas de este sábado. Iniciativa asentada no Porto do Son en período outonil de cada ano. A demanda por acudir é tan grande que xa non hai prazas pero pódese acudir á saída ó monte que está para as 15 h. sen necesidade de estar inscrito.
play_arrow
Play